Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 6:2 - Biblia SEPT

2 En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 6:2
31 Iomraidhean Croise  

Cando xa estaban chegando a Exipto, Abram díxolle a Sarai, súa muller: —"Estou pensando na túa fermosura.


e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,


Foron razón de tristura para Isaac e para Rebeca.


Rebeca díxolle a Isaac: —"Dóeme a alma, por culpa destas hititas. Se tamén Xacob toma muller de entre elas, de entre as fillas deste país, de que me serve aínda vivir?"


A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.


Tamén Xet tivo un fillo, a quen puxo o nome de Enox. Daquela empezaron os homes a invocar o nome do Señor.


A humanidade creceu, estendeuse pola terra e nacéronlle fillas.


Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".


Unha tarde, ó erguerse do leito, púxose David a pasear pola terraza do pazo, e viu desde alí unha muller que se estaba bañando, unha muller, por certo, moi fermosa.


Por conseguinte, non lles deades as vosas fillas ós seus fillos, nin tomedes as súas fillas por mulleres dos vosos fillos. Endexamais busquedes a súa alianza nin o seu favor, para que deste xeito vos fortalezades e poidades comer dos bens do país e deixárllelos en posesión ós vosos fillos para sempre.


Aconteceu, pois, un día que, ó viren os anxos render acatamento diante de Iavé, achegouse tamén con eles Satán.


Cos meus ollos fixen trato de non andar fitando as mozas.


Non tomes de entre as súas fillas mulleres para os teus fillos, non sexa que ó prostituírense elas cos seus deuses, leven á prostitución tamén ós teus fillos.


Pois ti es o noso Pai. Certamente Abraham non nos recoñece, nin Israel nos entende, (pero) ti, Señor, es o noso Pai, o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.


Xudá obra a traizón; cométese en Israel e en Xerusalén unha abominación. Certo, Xudá profana o santuario do Señor, ama e casa coa filla dun deus estranxeiro.


Certo, o Señor fixo unha unidade, e a unidade ten carne e espírito. E que busca a unidade? Unha descendencia santa. Tende, pois, coidado do voso espírito, e non lle fagas traizón á esposa da túa mocidade.


A muller está ligada ó seu home mentres el viva. Pero, se o home morre, queda libre para casar con quen ela queira, sempre que sexa cun cristián.


Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.


Fillos sodes vós do Señor, o voso Deus. Non vos fagades incisión, non fagades rapado entre os vosos ollos por quen morre,


Os seus ollos non se enchen de adulterar nin se cansan de pecar; andan á caza dos acabados de converterse, coñecen todas as mañas da cobiza, naceron para a maldición.


Porque todo o que hai no mundo as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos non vén do Pai, senón que vén do mundo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan