12 Deus ollou para a corrupción na que toda a terra caera, pola conduta dos homes,
O Señor seguiu dicindo: —"O clamor contra Sodoma e Gomorra é moi grande; o seu pecado é grave.
Vou baixar e ver se este clamor que chega onda min corresponde cos feitos; e se non, sabereino".
e díxolle a Noé: —"Para min chegou a fin de todos os seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.
Pero Noé achou o favor do Señor.
O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración.
Todas as criaturas vivas que se moven na terra pereceron: paxaros, gandos, feras, réptiles e os mesmos homes.
E Deus engadiu: —"Este será o sinal da alianza que eu fago convosco e con todos os seres vivos que vos fan compaña, para todos os tempos:
Cantará diante da xente e dirá: É certo que pequei e torcín o dereito, pero Deus non me deu o merecido;
Os ollos do Señor atópanse en todo, vixiando tanto os malos como os bos.
E todos verán a salvación de Deus.
Tampouco non lle perdoou ó mundo antigo senón que, cando mandou o cataclismo a aquel mundo de impíos, soamente gardou seguras a oito persoas con Noé, o pregoeiro da xustiza;