Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 6:11 - Biblia SEPT

11 Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 6:11
22 Iomraidhean Croise  

Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: —"Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod".


As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.


Tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet.


O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración.


Por escoitares estas palabras con dor de corazón, humillándote ante Deus ó oíres as súas ameazas contra este lugar e os seus habitantes, porque te humillaches ante min, rachaches os vestidos e choraches na miña presenza, tamén eu te escoito, oráculo do Señor.


O Señor proba os xustos, pero aborrece o impío e violento.


que chovan carbóns acesos sobre eles, que os boten en fosas das que non poidan levantarse.


Atoparía axiña agarimo do furacán e da treboada".


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que sacaches de Exipto, perverteuse.


Non se volverá a oír falar de violencia no teu país, nin de saqueo e de arraso dentro dos teus confíns. "Salvación" será o nome dos teus muros e o das túas portas "Loanza".


Como unha cisterna recolle as súas augas, así ela xunta a súa maldade, óense nela violencias e opresións, na miña presenza sempre se oen xemidos e golpes.


Coa abundancia do teu comercio íaste enchendo por dentro de violencia e pecados, por isto eu destituínte da categoría sacra, lonxe da montaña de Deus, e elimineite a ti, querubín protector, de entre os carbóns acendidos.


Díxome: Víchelo, fillo de Adam? Parécelle pouco á Casa de Xudá cometer as abominacións que está a cometer aquí, que enche o país de violencia e volve enfadarme! Velaí que envían tropa forzuda, a súa forza irada!


Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio, sen que ti fagas caso? Ata que día clamarei cara a ti: "Violencia", sen que salves?


A túa violencia contra o Líbano caerá sobre ti, e a matanza de animais baixará sobre ti, por causa do sangue que vertiches, pola túa violencia contra o país, contra a cidade e todos os seus habitantes.


Xa que ti saqueaches pobos numerosos, todo o resto dos pobos te saquearán a ti, por causa do sangue que vertiches, pola túa violencia contra o país, contra a cidade e todos os seus habitantes.


Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.


Pois non abonda escoitar a Lei para estar a ben con Deus, senón que cómpre practicala para recibir o seu beneplácito.


Ora, sabemos que canto se di na Lei se refire ós que están baixo a Lei: para que toda boca quede pechada, e todo o mundo quede convicto ante Deus.


Si, eu sei ben como vos corromperedes despois da miña morte e como vos apartaredes do vieiro que vos ordenei, e entón a desgraza sairá ao voso encontro naqueles días despois de que fagades o mal ós ollos do Señor, enfadándoo cos feitos das vosas mans".


Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan