Todos habemos morrer. E como a auga derramada por terra non se pode recoller, dese mesmo xeito Deus non levanta un cadáver. Faga, logo, o rei o proxecto de que o proscrito non siga lonxe del.
Darán espanto mesmo os tropezos do chan e amedrentaranse as rúas. Cando floreza a amendoeira e o saltón se pouse e non teña a alcaparra o seu amargor, porque o home camiña para a morada eterna e xa roldan polo adro as carpideiras.
Amando o Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El. Isto é a túa vida e o alongamento dos teus días, habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob, que llela daría".