E el respondeume: O Señor, con quen andei sempre, mandará contigo o seu anxo. El dará boa fin á túa viaxe, e atoparás muller para o meu fillo na miña parentela, na familia de meus pais;
Dese xeito cumprirá o Señor a promesa que fixo: se os teus fillos fan o que é debido, camiñando diante de min con sinceridade de corazón e de espírito, non che faltará un descendente no trono de Israel.
—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.
O Señor díxolle a Moisés: —"Vou facer chover un pan do ceo para vós. O pobo sairá e collerá o que lle cumpra para o día. Quero poñelo á proba, para ver se anda ou non coa miña lei.
Arrástrame contigo: Corramos! Introdúzame o Rei na súa alcoba. Folguémonos en ti, ledas abondo, Loemos os teus amores máis có viño. Que ben fan en te amaren!
A Efraím, para que lle volverán a servir os ídolos? Eu son, eu, quen o escoito e teño coidado del. Eu son coma o ciprés sempre verde, en min atópase froito para ti.
Na súa boca houbo sentencia verdadeira e falsidade non se atopou nos seus labios. Con paz e con rectitude camiñou comigo, e a moitos fíxoos apartar da iniquidade.
Daquela, a Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais Samaría. Crecía coma un edificio, progresaba na fidelidade ó Señor e coa asistencia do Espírito Santo ía aumentando en número.
Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.
non lles fagades caso ás palabras de tal profeta ou ao tal soñador de soños; pois o Señor, o voso Deus, estavos pondo á proba, para saber se de verdade amades o Señor, o voso Deus, con todo o voso corazón e con toda a vosa intención.
Polo demais, irmáns, pedímosvos con insistencia coma cristiáns que, xa que aprendestes de nós como cómpre andar para contentar o Señor, que sigades así e que progresedes aínda máis.
Pero se nós vivimos na Luz, do mesmo xeito que El está na Luz, entón estamos en comuñón uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de todos os pecados.