2 Reunídevos, e escoitade, fillos de Xacob, escoitade a Israel, voso pai.
Rubén, ti es o meu primoxénito, a miña forza, a primicia do meu vigor, primeiro en dignidade, primeiro en poder.
Empobrecen os ricos, pasan fame, pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.
Vinde, fillos; escoitade: ensinareivos o temor do Señor.
Escoita a teu pai, que te xerou; e non desbotes a túa nai, se vai vella.
Meu fillo, préstame atención, que os teus ollos aproben os meus camiños,
Meu fillo, atende á miña Sabedoría dá oído ó meu discernimento;
Garda, meu fillo, o mandato de teu pai e non refugues o ensino de túa nai;
Meu fillo, atende as miñas razóns, garda dentro de ti os meus mandatos;
Polo tanto, filliños, escoitádeme, atendede as miñas palabras:
Escoitádeme, xa logo, filliños: felices os que seguen os meus camiños;
Xuntádevos todos vós e escoitade: quen entre eles fixo coñecer estas cousas? O Señor, movido polo seu amor, fai o que quere con Babilonia, e tamén cos caldeos, coa forza do seu brazo.