9 Xosé respondeulle a seu pai: —"Son meus fillos, os que Deus me deu aquí". Dixo el: —"Tráemos aquí, que os bendiga".
Guísaa como sabes que me gusta, e tráesma que a coma, pois quero darche a miña bendición antes de morrer".
Xacob enfadouse con Raquel e díxolle: —"Estou eu no lugar de Deus, que che nega o froito do ventre?"
Logo Esaú ergueu os ollos e vendo as mulleres e os nenos, preguntou: —"Quen che son eses?" Xacob respondeulle: —"Son os fillos que Deus lle concedeu ó teu servo".
Estas son as doce tribos de Israel e isto o que lles dixo seu pai, cando bendiciu a cada unha coa súa propia bendición.
Todos estes eran fillos de Hemán, vidente do rei, nas cousas de Deus, para exaltar o seu poder. Deus dera a Hemán catorce fillos e tres fillas.
Os fillos son a herdanza do Señor; o froito do ventre, o seu xornal.
Velaí: eu e mais os fillos que o Señor me deu servimos de sinais e presaxios en Israel, de parte do Señor dos Exércitos, que reside no monte Sión.
Esta é a bendición coa que Moisés, o home de Deus, bendiciu os fillos de Israel, antes de morrer.
Pola fe Xacob, estando para morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e prostrouse para adorar, arrimado ó puño do seu bastón.
Ana embarazou e logo pariu un fillo, a quen lle puxo o nome de Samuel, porque llo pedira ó Señor. A volta dun ano,
Pedíalle este neno e o Señor concedeume o favor que lle pedía.