Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 48:5 - Biblia SEPT

5 Os dous fillos que che naceron en Exipto, antes de chegar eu onda ti, serán agora meus fillos. Efraím e Menaxés son para min coma Rubén e Simeón.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 48:5
21 Iomraidhean Croise  

A Xosé deulle en Exipto dous fillos Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On: Menaxés e Efraím.


Pasado algún tempo, dixéronlle a Xosé: —"Teu pai está mal". Entón Xosé tomou consigo a seus dous fillos, Menaxés e Efraím.


Os fillos que che nazan despois deles serán teus; mais a súa herdade levará o nome dos irmáns.


Rescataches co teu brazo o teu pobo, os fillos de Xacob e de Xosé.


Pois agora, así fala o Señor, o teu creador, Xacob, o que te formou, Israel: "Non teñas medo, que eu son o teu redentor; impóñoche o meu nome: ti es meu.


Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.


Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.


Seerédesme santos, porque eu o Señor son santo, e separeivos dos outros pobos, para que sexades tan só para min.


Serán para min —fala o Señor dos Exércitos— propiedade persoal no día en que eu actúe, porque lles perdoarei o mesmo que un home perdoa o fillo obediente.


Dos fillos de Xosé: por Efraím, Elixamá, fillo de Ammihud; por Menaxés, Gamaliel, fillo de Pedahsur.


Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.


El decidiu xa daquela facernos fillos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o designio da súa vontade,


Pola fe Xacob, estando para morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e prostrouse para adorar, arrimado ó puño do seu bastón.


E agora fai as partillas da herdanza para as nove tribos e mais a media tribo de Menaxés.


Como os fillos de Xosé formaban dúas tribos —Menaxés e Efraím—, non deron parte ós levitas no país, fóra das cidades de residencia, cos arredores para a súa habenza e seu gando menor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan