Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 48:4 - Biblia SEPT

4 Díxome: Eu fareite fecundo, multiplicareite, trocareite nunha asemblea de pobos. Os teus descendentes dareilles esta terra en posesión duradeira.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 48:4
20 Iomraidhean Croise  

Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.


Circuncidade os nacidos na casa e os adquiridos por diñeiro, e a miña alianza estará no voso corpo como alianza perpetua.


Dareiche fecundidade, sacarei de ti nacións, de ti sairán reis.


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.


Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


Líbrame do poder de meu irmán, das mans de Esaú, pois teño moito medo de que chegue e nos mate a min e ás nais, xunto cos fillos.


Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas.


Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.


Israel asentou en Exipto, na bisbarra de Goxén. Adquiriu propiedades nela, reproduciuse e medrou moito.


Os fillos son a herdanza do Señor; o froito do ventre, o seu xornal.


Asignáronlles, pois, capataces, co fin de oprimilos con traballos, cando construían as cidades-graneiros de Pitom e de Ramsés.


os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.


Entón habitarán no país que eu lle dei ó meu servidor Xacob, no que habitaron vosos pais, e habitarán nel para sempre, eles, os fillos e os fillos de seus fillos; e o meu servidor David será o seu príncipe para sempre.


Volverei os meus ollos cara a vós, fareivos prosperar e inzar, e confirmarei a miña alianza convosco.


Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos, e cando separaba ós fillos de Adam: estableceu as fronteiras das nacións, segundo o número dos fillos de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan