3 E díxolle a Xosé: —"O Deus todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendiciume.
Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.
Dareiche fecundidade, sacarei de ti nacións, de ti sairán reis.
O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.
Déronlle a Xacob a nova: —"Teu fillo Xosé vénte ver". Israel fixo un esforzo e sentouse no leito.
O Deus de teu pai é a túa axuda, o Deus todopoderoso bendí o teu ser con bendicións de arriba, do ceo, con bendicións de abaixo, do abismo, con bendicións de peitos e seo.
Aparecinme a Abraham, a Isaac e a Xacob co nome de Deus todopoderoso; pero non lles dei a coñecer o meu nome Iavé.
No ventre da nai suplantou a seu irmán, e sendo xa maduro loitou con Deus.
tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor imitaba o dunha pedra moi preciosa, unha pedra cristalina de xaspe.
E a casa de Xosé fixo axexar Betel —e o nome da vila era antes Luz—;