Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 48:16 - Biblia SEPT

16 o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 48:16
46 Iomraidhean Croise  

Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: —"Abraham! Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".


O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo:


Preguntoulle el: —"Como te chamas?" Respondeulle: —"Xacob".


Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.


Os dous fillos que che naceron en Exipto, antes de chegar eu onda ti, serán agora meus fillos. Efraím e Menaxés son para min coma Rubén e Simeón.


Xosé é árbore frutífera onda a fonte, gromo que puxa polo muro.


Pero David respondeulle a Recab e ó seu irmán Banah, fillos de Rimón de Beerot, dicindo: —"Pola vida do Señor, que me librou de todos os apuros!


Entón o rei xurou: —"Polo Deus vivo, que me tirou de todas as angustias.


se o meu pobo, que leva o meu Nome, se humilla, ora, me busca e abandona a súa mala conduta, eu escoitareino desde o ceo, perdoarei os seus pecados e sandarei a súa terra.


O Señor gárdate do mal, El garda a túa vida.


Eu bendigo ó Señor en todo instante, teño sempre na boca a súa loanza;


A maldade mata ó impío; quen aborrece os xustos será castigado.


O Señor escoita ó pobre que o chama e líbrao de todos os apuros.


O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis e dálles seguridade.


os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.


O noso Redentor chámase o Señor Todopoderoso: é o Santo de Israel.


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Por que es coma un que se retira, coma un soldado que non é capaz de salvar? Pero ti, Señor, estás entre nós, e o teu Nome invócase sobre nós, non nos abandones.


Heite librar das mans dos malvados, heite rescatar do puño dos opresores.


para que se apropien do resto de Edom e de todos os pobos sobre os que se proclamou o meu nome, —oráculo de Iavé que fai tales cousas—.


Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.


por xunto todos os censados son 603.550 homes.


E non nos sometas á tentación, mais líbranos do Malo.


Non che pido que os tires do mundo, senón que os gardes do malo.


para que o resto dos homes busquen o Señor, así como todas as nacións que xa invocan o meu nome: dío o Señor,


E non só isto, senón que nós mesmos, que temos xa as primicias do Espírito, xememos dentro de nós, degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo.


pois bebían da pedra espiritual que os acompañaba: e esa pedra era Cristo.


Nin tentemos o Señor, coma algúns deles o tentaron e pereceron mordidos polas serpentes.


Entón todos os pobos da terra verán que o nome do Señor se invoca sobre ti e teranche medo.


El é coma o primoxénito do touro. Gloria a el! Cornos de búfalo son os seus cornos, con eles escorna os pobos, os extremos do mundo ao mesmo tempo. Si, son as multitudes de Efraím! Certo, son os milleiros de Menaxés!


O Señor hame librar de toda obra perversa e hame manter vivo para o seu Reino celestial. Sexa para El a gloria polos séculos dos séculos. Amén.


El entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.


Pola fe Xacob, estando para morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e prostrouse para adorar, arrimado ó puño do seu bastón.


E dixo Xosué á casa de Xosé —a Efraím e a Menaxés—: "Ti es un pobo grande e tes moita forza: non levarás unha partilla soa,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan