11 Israel díxolle a Xosé: —"Non contaba con verte, e Deus permitiume verte a ti e ós teus descendentes".
Xacob recoñeceu a túnica, e dixo: —"É a túnica de meu fillo. Devorouno unha fera salvaxe. Xosé foi esnaquizado".
Todos os fillos e fillas viñeron consolalo, pero el rexeitaba o consolo, dicindo: —"Baixarei coa dor ó sepulcro co meu fillo". E choraba por el.
Xacob díxolles entón: —"Ídesme deixar sen fillos! Xosé xa non está e Simeón tampouco. E agora queredes levar tamén a Benxamín. Todo cae riba de min".
E contáronlle a nova: "Xosé vive aínda, e goberna o Exipto enteiro". Xacob quedou desconcertado, porque non o podía crer.
Os ollos de Israel, cargados pola vellez, non distinguían. Xosé acercoulle os fillos, e el bicounos e abrazounos.
Xosé retirou os nenos de entre os xeonllos de seu pai e prostrouse por terra.
e que vexas os fillos de teus fillos. A paz sobre Israel!
Coroa dos vellos son os netos, e adorno dos fillos son os pais.
A aquel que, con esa potencia que actúa en nós, pode facer moito máis inmensamente máis do que nós poidamos pedir ou imaxinar,