Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 48:1 - Biblia SEPT

1 Pasado algún tempo, dixéronlle a Xosé: —"Teu pai está mal". Entón Xosé tomou consigo a seus dous fillos, Menaxés e Efraím.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 48:1
12 Iomraidhean Croise  

A Xosé deulle en Exipto dous fillos Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On: Menaxés e Efraím.


Déronlle a Xacob a nova: —"Teu fillo Xosé vénte ver". Israel fixo un esforzo e sentouse no leito.


Os dous fillos que che naceron en Exipto, antes de chegar eu onda ti, serán agora meus fillos. Efraím e Menaxés son para min coma Rubén e Simeón.


Chegou a ver os fillos de Efraím ata a terceira xeración. Tamén a Maquir, fillo de Menaxés, lle naceron fillos nos xeonllos de Xosé.


Eliseo enfermou da doenza da que ía morrer. Ioax, rei de Israel, foi visitalo e choraba por el, dicindo: —"Meu pai, meu pai, carro de Israel e o seu condutor!".


Eliseo morreu, e enterrárono. Naquel ano, bandas de moabitas facían batidas no país.


Aínda viviu Xob cento corenta anos despois destes sucesos, e viu os seus fillos, os seus netos e os seus bisnetos.


e que vexas os fillos de teus fillos. A paz sobre Israel!


Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús: Señor, mira, o que amas está enfermo.


Pola fe Xacob, estando para morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e prostrouse para adorar, arrimado ó puño do seu bastón.


Como os fillos de Xosé formaban dúas tribos —Menaxés e Efraím—, non deron parte ós levitas no país, fóra das cidades de residencia, cos arredores para a súa habenza e seu gando menor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan