Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 47:9 - Biblia SEPT

9 El respondeulle: —"Cento trinta son os anos da miña peregrinación. A miña vida é curta e chea de traballos, e non alcanza a onde chegou a vida de meus pais na súa peregrinación".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 47:9
29 Iomraidhean Croise  

Despois diso viviu cincocentos anos, e tivo outros fillos e fillas.


Isaac viviu cento oitenta anos.


Xacob viviu dezasete anos en Exipto. A súa vida enteira foi de cento corenta e sete anos.


Este preguntoulle a Xacob: —"Cantos anos tes?"


Por xunto viviu novecentos sesenta e nove anos, e logo morreu.


Xosé morreu ós cento dez anos. Embalsamárono en Exipto e metérono nun sarcófago.


Somos ante ti estranxeiros e adventicios, coma foron os nosos pais. Son coma a sombra os nosos días sobre a terra, e non dan esperanza.


O home, nado de muller, curto de días, farto de inquedanzas,


Eu son na terra un forasteiro: non me escondas os teus mandatos.


Os teus preceptos son o meu cantar no lugar da miña peregrinación.


Ti castigas os homes para escarmento e como a traza roes a súa fermosura: soamente un sopro son os homes.


Escoita, Señor, a miña oración, atende a miña queixa e non fagas o xordo ás miñas bágoas. Eu son para ti un forasteiro, un peregrino coma os meus antepasados.


Móstrame, Señor, cal é o meu porvir, cal a medida dos meus días, para que entenda o efémero que son.


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Moisés tiña oitenta anos e Aharón oitenta e tres, cando falaron co faraón.


Así que estamos sempre cheos de ánimo por sabermos que, mentres o corpo sexa o noso domicilio, vivimos coma desterrados lonxe do Señor,


Moisés tiña cento vinte anos, cando morreu, e o seu ollo non enfraqueceu nin desapareceu a súa vitalidade.


Como non temos aquí cidade que dure, andamos á procura da futura.


Pero se non sabedes o que vai ser de vós mañá! Porque que é a vosa vida? Unha fumarediña que aparece e desaparece no mesmo intre.


Xa despois daquilo morreu Xosué, fillo de Nun, servo do Señor, ós cento dez anos de idade,


Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan