Ioab postrouse por terra, saudando, e deulle as gracias ó rei. Dixo Ioab: —"Agora, rei, meu señor, sei que conto co teu favor pois o rei cumpre os desexos do seu servo".
mandou xunto a el ó seu fillo Adoram, para saudalo e felicitalo, por combater e vencer a Hadadézer, pois Tohu estaba tamén en guerra con Hadadézer. Adoram levoulle unha vaixela de ouro, de prata e de bronce, de regalo.
e os servidores do rei foron felicitar o rei David, noso señor: "Que Deus faga ben a Salomón, por enriba de ti, e que engrandeza o seu trono sobre o teu. E o rei, prostrado no seu leito, exclamou:
No oitavo día Salomón despediu ó pobo, e fóronse todos para as súas casas, bendicindo ó rei, contentos e ditosos, por todos os bens que tiña feito o Señor ó seu servo David e ó seu pobo Israel.
Eliseo dixo a Guehazí: —"Cínguete co meu cinto, colle na man o meu bastón e ponte en camiño. Se te atopas con alguén, non te pares a saudalo; se te saúda el, non lle respondas. Vai e pon o meu bastón sobre a cara do neno".
Elí bendicía a Elcanah e á súa muller, e agoiráballes: —"Que o Señor che conceda descendencia por esta túa muller, en pagas da que ela lle cedeu ó Señor". Despois volvían para a súa casa.