Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 47:6 - Biblia SEPT

6 Aí ter a terra de Exipto. Acomódaos onde mellor che pareza de todo o país; que habiten na terra de Goxén. E se pensas que entre eles hai homes dispostos, ponos á fronte da garda dos meus gandos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 47:6
24 Iomraidhean Croise  

Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor, coma a terra de Exipto.


Tes diante de ti o país enteiro; sepárate de min. Se ti colles á esquerda, eu collerei á dereita; se ti á dereita, eu á esquerda".


E díxolle: —"Aí tes diante de ti a miña terra. Asenta onde che pareza".


Podedes facer morada onda nós. A terra está aí, á vosa disposición. Habitade nela, sacádelle proveito, adquiride posesións".


Asentarás na terra de Goxén e alí estaredes cerca de min, ti e mais os teus fillos, os teus netos, os teus fatos, os teus gandos e todas as túas posesións.


dirédeslle: Os teus servos son criadores de gando, desde rapaces ata agora; e, coma nós, fórono xa os nosos pais. Dese xeito poderedes asentar na terra de Goxén, pois os exipcios aborrecen os pastores de rabaños".


Xosé acomodou a seu pai e a seus irmáns, dándolles propiedades en Exipto, en terra boa, na bisbarra de Ramsés, conforme dispuxera o faraón.


Xosé respondeulles: —"Se se acabou o diñeiro, traédeme os vosos gandos; dareivos o gran por eles".


E engadiron: —"Viñemos buscar asento nesta terra, pois en Canaán faltan pastos para os rabaños dos teus servos, e a fame pesa por alá. Deixa ós teus servos asentarse na bisbarra de Goxén".


O faraón díxolle a Xosé: —"Agora que teu pai e teus irmáns chegaron onda ti,


Ieroboam amosouse home valente. E vendo Salomón que o mozo facía ben o seu traballo, nomeouno capataz dos traballadores da casa de Ioel.


Tamén levantou torres no deserto e cavou moitos pozos para o abundante gando, que posuía na chaira e na meseta; tamén tiña labradores e viñateiros nos montes e nas veigas, porque a Ozías gustáballe o campo.


Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


Elixiu de entre todo Israel homes de valer e púxoos á cabeza do pobo, coma xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


Eles colleron cinsa dun forno e presentáronse onda o faraón. Moisés ciscouna polo aire, e produciu chagas purulentas na xente e no gando.


Os que non deron creto ás palabras de Iavé deixaron fóra os servos e as facendas.


Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.


Viches a alguén mañoso no seu oficio? —Poderá presentarse diante de reis, non servirá a xentes ignoradas.


E agora, eu solto hoxe as cadeas que tes nas túas mans. Se prefires vir comigo a Babilonia, ven, que eu mirarei por ti; se non queres vir comigo á grande Babilonia, velaí todo o país diante de ti: vai onde che pareza que é mellor e máis xusto que vaias.


conforme lle deches poder sobre todo home, para que dea vida eterna a todos os que ti lle deches.


O sacerdote deulle o pan consagrado, xa que non había alí outro pan, fóra dos pans da presentación, que foran retirados da presenza do Señor, para por os quentes do día.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan