Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 47:4 - Biblia SEPT

4 E engadiron: —"Viñemos buscar asento nesta terra, pois en Canaán faltan pastos para os rabaños dos teus servos, e a fame pesa por alá. Deixa ós teus servos asentarse na bisbarra de Goxén".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 47:4
11 Iomraidhean Croise  

Houbo fame no país, e Abram baixou a Exipto, coa idea de quedar alí, mentres a fame seguise apretando.


Entón díxolle o Señor: —"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos.


A fame apertaba en Canaán.


Asentarás na terra de Goxén e alí estaredes cerca de min, ti e mais os teus fillos, os teus netos, os teus fatos, os teus gandos e todas as túas posesións.


dirédeslle: Os teus servos son criadores de gando, desde rapaces ata agora; e, coma nós, fórono xa os nosos pais. Dese xeito poderedes asentar na terra de Goxén, pois os exipcios aborrecen os pastores de rabaños".


O faraón díxolle a Xosé: —"Agora que teu pai e teus irmáns chegaron onda ti,


Entón Israel entrou en Exipto, Xacob foi vivir á terra da Cam.


Así fala o Señor Iavé: "nun principio o meu pobo baixou a Exipto para vivir alí coma emigrante, e logo Asiria oprimiuno por nada.


Veu despois unha fame tan negra e tanta miseria sobre todo o Exipto e Canaán, que nosos pais non achaban alimentos.


E faloulle Deus: A túa descendencia será peregrina en terra allea e hana escravizar e maltratar durante catrocentos anos;


Entón ti tomarás a palabra e dirás diante do Señor, o teu Deus: Meu pai era un arameo errante, que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante con pouquiña xente, que o acompañaba. Alí converteuse nun pobo grande, poderoso e numeroso.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan