Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 45:3 - Biblia SEPT

3 Díxolles a seus irmáns: —"Eu son Xosé. Vive aínda meu pai?" Pero os irmáns non lle podían responder, por quedaren estarrecidos diante del.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 45:3
14 Iomraidhean Croise  

Imolo matar agora mesmo. Botarémolo nun pozo e diremos que unha fera salvaxe o devorou. Veremos en que paran os seus soños".


Niso dicíanse uns ós outros: —"Abofé somos culpados polo que lle fixemos ó noso irmán. Vímolo no apuro, suplicándonos, e non lle fixemos caso. Por iso nós vémonos agora no apuro".


Entón dixo Rubén: —"Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue".


Xosé preguntoulles: —"Como estades? O voso vello pai, de quen me falastes, está ben? Vive aínda?"


Así fico eu diante del, estarrecido, e cando o penso, cóllolle medo.


cando che chega a ti, xa non o sofres; tócache a ti, e túrbaste.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Mais el de contado faloulles: Tranquilos, que son eu. Non teñades medo.


Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.


A segunda vez, Xosé deuse a coñecer ós seus irmáns, e o Faraón soubo a súa orixe.


El preguntou: Quen es ti, Señor? Contestoulle: Eu son Xesús a quen ti persegues.


Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito todas as razas da terra. Certo. Amén.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan