Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 45:2 - Biblia SEPT

2 Entón Xosé botouse a chorar, de xeito que o oían os exipcios ata o pazo do faraón.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 45:2
10 Iomraidhean Croise  

Xosé retirouse da súa vista e botou a chorar. Logo volveu para falarlles. Colleu de entre eles a Simeón e fíxoo prender á súa vista.


E retirouse axiña, pois, conmovido á vista do irmán, tiña ganas de chorar. Entrou na súa cámara e chorou.


Abrazando a seu irmán Benxamín, botouse a chorar; Benxamín choraba tamén, abrazado a el.


Bicou a todos os irmáns e chorou con eles. E seguiron falando uns cos outros.


Xosé mandou enganchar o carro, e saíu para Goxén, ó encontro de Israel seu pai. En véndoo, correu abrazalo, e chorou abrazado a el.


—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Todo aquel xentío se puxo a berrar, laiándose, e pasou toda a noite chorando.


Todos choraron moito e, dábanlle apertas e bicos a Paulo,


Que o Señor vos conceda a cada unha atopardes acougo na casa do voso home". E bicounas; elas deron laídos e romperon a chorar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan