8 Xosé recoñecía a seus irmáns, pero eles non recoñecían a Xosé.
E esta é agora a historia da familia de Xacob. Cando Xosé era un rapaz de dezasete anos e gardaba o gando cos irmáns, fillos de Bilhah e de Zilpah, mulleres de seu pai, chegou un día e acusounos diante deste dun mal feito.
Tiña Xosé trinta anos cando se presentou ó faraón, e saíu da súa presenza para percorrer as terras todas de Exipto.
Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren.
Dito isto, virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se decatar de que era Xesús.
Xusto cando acababa de romper o día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de que era Xesús.