Os dous anxos chegaron pola tarde a Sodoma. Estaba Lot sentado á porta da cidade e, en véndoos, ergueuse para ir ó seu encontro, e saudounos, prostrándose por terra.
Polo mesmo non fostes vós os que me mandastes aquí. Foi Deus que fixo de min ser coma un pai para o faraón, dono da súa casa, gobernador da terra toda de Exipto.
Virán prostarse ante ti os fillos dos que te oprimiron, e prostaranse ante a planta dos teus pés todos os que te desprezaron, e chamaranche "Cidade do Señor", "Sión do Santo de Israel".
librouno de todos os seus traballos, e deulle graza e sabedoría diante do Faraón, rei de Exipto, que o constituíu gobernador do Exipto e de toda a súa casa.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.