36 Xacob díxolles entón: —"Ídesme deixar sen fillos! Xosé xa non está e Simeón tampouco. E agora queredes levar tamén a Benxamín. Todo cae riba de min".
E a vós non vos viñeron tentacións que superen as forzas humanas. Fiel é Deus, que non consentirá que teñades tentacións superiores ás vosas forzas: coa tentación havos dar tamén os medios para poder saír dela.
Con isto quedará expiada a iniquidade de Xacob, este será o seu froito, que afastará o seu pecado: cando El deixe en anacos as pedras dos seus altares, cando non se levanten imaxes de Axerah nin estelas cúlticas.
David botou estas contas: —"Calquera día acabarei no poder de Xaúl. Non me queda outro remedio que escapar ó país dos filisteos. Entón deixará Xaúl de perseguirme por todo o territorio de Israel e quedarei a salvo da súa man".
Así fala o Señor: —Óense berros en Ramah, cantos de loito, choros de amargura: Raquel está a chorar polos seus fillos, non se quere consolar. Polos seus fillos, velaí o noso loito!