Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 42:2 - Biblia SEPT

2 Oín que hai trigo á venda en Exipto. Ide alá, mercade para vivirmos e non morrermos de fame".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 42:2
11 Iomraidhean Croise  

Baixaron, pois, a Exipto dez dos irmáns de Xosé, para mercaren alí trigo,


Cando se lles acabaron as provisións que trouxeran de Exipto, Xacob díxolles a seus fillos: —"Volvede alá, e mercade qué comer".


Se consentes, pois, que veña connosco noso irmán, iremos alá e poderemos mercar víveres.


Xudá díxolle entón a Israel seu pai: —"Deixa vir comigo o rapaz, e vaiamos xa, para salvar a vida. Doutro xeito morreremos, ti, nós e nosos fillos.


Volvede onda meu pai e dicídelle que o seu fillo Xosé lle manda dicir isto: Deus fíxome señor de todo o Exipto. Ven sen deterte ó meu lado.


Non hei morrer, vivirei e cantarei os feitos do Señor.


Os ollos do Señor miran polos seus fieis, polos que esperan na súa misericordia,


para librar a súa vida da morte, para os manter no tempo da miseria.


Naqueles días Ezequías caeu enfermo de morte, e o profeta Isaías, fillo de Amós, foi onda el para dicirlle: "Así fala o Señor: dá ordes á túa casa, que estás morrendo e non seguirás vivindo".


Pero el respondeu: Está escrito: Non soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saída da boca de Deus.


Cando Xacob sentiu dicir que había trigo en Exipto, mandou alí a nosos pais por primeira vez.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan