16 Mandade un de vós para que o traia. Os demais quedades presos. Comprobarase se dixestes a verdade. E se non, pola vida do faraón, que sodes espías".
os príncipes de Amón dixéronlle ó seu amo Hanún: —"Pensas que o rei David che mandou consoladores, para que vexas que quere honrar a memoria do teu pai? Non che mandaría, máis ben, os seus serventes para exploraren e para saberen da cidade e destruíla?"
Xosué, fillo de Nun, enviou ás caladas desde Xitim a dous militares de a pé, dicíndolles: —"Ide ver o país, a Xericó". Eles foron e chegaron a casa dunha rameira chamada Rahab, e pararon alí.