Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".
Dixéronlle os irmáns: —"Seica queres ser o noso rei e fas conta de dominarnos?" E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación.
Cando ía Abdías percorrendo o seu camiño, saíulle Elías ó encontro. En canto o recoñeceu, Abdías prostrouse diante del e díxolle: —"Es ti, meu señor Elías?"