Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 41:8 - Biblia SEPT

8 Pola mañá, inquedo polo soño, mandou o faraón convocar os adiviños e os sabios de Exipto, e contoulles o seu soño. Mais ninguén sabía interpretarllo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 41:8
39 Iomraidhean Croise  

Pola mañá entrou Xosé onda eles e atopounos deprimidos.


Respondéronlle eles: —"Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete". Díxolles Xosé: —"Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño".


O faraón díxolle: —"Tiven un soño, e non hai quen o interprete. Oín dicir que ti interpretas un soño en oíndo contalo".


As espigas miúdas devoraban as espigas boas. Contéillelo ós meus magos, e ninguén me deu explicación".


As espigas miúdas devoraban as sete graúdas e cheas. E o faraón espertou. Fora todo un soño.


O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


O faraón mandou chamar ós seus sabios e feiticeiros, e os magos exipcios fixeron iso mesmo cos seus encantamentos.


Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


As ras arredaranse de onda ti, do teu pazo, de onda os teus ministros e o teu pobo, e reduciranse ó Nilo".


Os magos non podían resistir diante do faraón, polas chagas que lles saíran, a eles como a todos os exipcios.


Sobresaltarase o espírito de Exipto e destruirei o seu plan, aínda que consulten ós deuses, ós bruxos, ós nigromantes e ós adiviños.


Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada".


E cando vos digan: "Consultade os nigromantes e os adiviños que rosman e murmuran: Non pode un pobo consultar os seus deuses e os mortos en favor dos vivos?".


Non iredes ós bruxos nin consultaredes os adiviños, contaminándovos con eles. Eu son o Señor, o voso Deus.


O individuo que vaia ós adiviños e bruxos para se prostituír con eles, eu mesmo me encararei con el e o farei arrincar do medio do seu pobo.


Oíno, e estremecéronseme as entrañas; co fragor tremeron os meus labios, a carie penetra nos meus ósos, debaixo de min cambalean os meus pasos. Espero quedo o día da angustia, cando se erga contra o pobo que nos ataca.


Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:


Algúns filósofos epicúreos e estoicos conversaban con el; uns dicían: "que quererá dicir este lingoreteiro?". E outros: "parece ser un predicador de deuses estranxeiros". (É que anunciaba a Xesús e a resurrección).


Moisés educouse en toda a ciencia dos exipcios, e era poderoso en palabras e mais en obras.


Pois está escrito: Desmontarei a sabedoría dos sabios e derrubarei a intelixencia dos intelixentes.


Os filisteos convocaron entón os seus sacerdotes e adiviños, para consultarlles: —"Que habemos facer coa arca de Iavé? Dicídenos a maneira de volvela ó seu sitio".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan