7 As espigas miúdas devoraban as sete graúdas e cheas. E o faraón espertou. Fora todo un soño.
Pero Deus aparecéuselle de noite nun soño a Abimélec e ameazouno: —"Vas morrer por causa da muller que tomaches, pois ten home".
Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis.
Despois delas agromaban outras sete, miúdas e queimadas.
Pola mañá, inquedo polo soño, mandou o faraón convocar os adiviños e os sabios de Exipto, e contoulles o seu soño. Mais ninguén sabía interpretarllo.
Espertou Salomón e viu que tivera un soño. Volveu para Xerusalén e presentouse diante da Arca da Alianza do Señor. Ofreceu holocaustos e sacrificios de comuñón, e convidou ó banquete a todos os seus servidores.