Foi arrincada con carraxe e foi tirada por terra, o vento do nacente secou o seu froito que se desprendeu; e secou as súas ramas poderosas e o lume consumiunas.
Si, mentres el está medrando entre a herba, vén o vento do leste, o vento do Señor que sobe do deserto, e fai secar a súa fonte, reseca o seu viveiro. O Señor vai saquear os tesouros, todos os obxectos preciosos.
Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.