Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 41:16 - Biblia SEPT

16 Xosé respondeulle ó faraón: —"Eu non; mais Deus ten a resposta, para ben do faraón".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 41:16
19 Iomraidhean Croise  

Non é que de noso teñamos aptitudes para poder apuntar nada na nosa conta coma cousa propia: a nosa capacidade vénnos de Deus,


Respondéronlle eles: —"Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete". Díxolles Xosé: —"Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño".


Visto isto, Pedro dirixiuse ó pobo: Israelitas, por que vos admirades disto? Por que mirades así para nós, coma se fixésemos camiñar a este home polo noso propio poder ou santidade?


e díxolles El: —"Escoitade ben as miñas palabras! Se entre vós hai algún profeta, eu, o Señor, en visión revélome a el, e fálolle en soños.


pero pola graza de Deus son o que son, e esa graza que fixo comigo non ficou baleira. O contrario, traballei máis ca todos eles; aínda que non precisamente eu, senón a graza de Deus que está comigo.


Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante afirmáronselle os pés e os nocellos;


dicindo: Ai, se ti tamén coñeceses neste día o que che podía traer paz! Pero os teus ollos non o dan visto.


O rei respondeulle: —"Se non te socorre o Señor, con que poderei facelo eu? Con algo da artesa ou algo da adega?".


Israel díxolle: —"Vai ver se están ben os teus irmáns e o gando, e logo tráesme as novas". Despediuno no val de Hebrón, e el marchou para Xequem.


O faraón contoulle a Xosé: —"Soñei que me atopaba na ribeira do río.


Xosé díxolle ó faraón: —"Os soños do faraón son todos un. Deus revélalle ó faraón o que está para facer.


Como acabo de dicir ó faraón, Deus revélalle con iso o que está para facer.


El repúxome: "Esta é a palabra do Señor acerca de Zerubabel, nestes termos: Non é polo poder, nin pola forza, senón polo meu Espírito —di o Señor dos Exércitos—.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan