12 Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. Os tres bacelos da vide son tres días.
Eu sostiña nunha man a copa do faraón, collía as uvas e espremíaas na copa, e puña a copa na man do faraón".
No termo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, repoñéndote no teu posto, e ti porás a copa na súa man, coma cando eras o seu copeiro.
Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. As tres cestas son tres días.
Estaba alí connosco un mozo hebreo, servo do xefe da garda, contámoslle os soños, e el interpretounos, cada un conforme o seu significado.
Como acabo de dicir ó faraón, Deus revélalle con iso o que está para facer.
Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan e, dando grazas, partiuno e déullelo ós seus discípulos, dicindo: Tomade e comede: isto é o meu corpo.
pois bebían da pedra espiritual que os acompañaba: e esa pedra era Cristo.
("agar" en árabe indica o monte Sinaí); ela dá á luz fillos escravos e corresponde á Xerusalén de hoxe, que vive de escrava coma os seus fillos.
E respondeulle o compañeiro: —"Isto non che é outra cousa que a espada de Guideón, o fillo de Ioax, o israelita, pois Deus puxo nas súas mans a Madián e a todo o campamento".