O home Adam achegouse outra vez á súa muller, que deu a luz un fillo. Púxolle o nome de Xet, agradecendo: —"Deus concedeume un fillo no posto de Abel, a quen matara Caín".
Cando Abner estivo de volta en Hebrón, Ioab levouno á parte, a un lado da porta, coma para falarlle en segredo. Alí feriuno no ventre e matouno, en vinganza da morte do seu irmán Asael.
Así recaerá sobre vós todo o sangue inocente vertido na terra, desde o sangue de Abel, o xusto, ata o sangue de Zacarías, fillo de Baraquías, ó que matastes entre o santuario e o altar.
Movido pola fe, Abel ofreceu a Deus un sacrificio mellor có de Caín, e por mor dela deuse fe da súa rectitude; foi Deus quen deu fe dela por mor dos seus dons; e por mor da fe, aínda que xa morto, aínda segue falando.