Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 4:7 - Biblia SEPT

7 Se fas o ben, poderás levala ergueita. Se non o fas, xa o pecado rolda á túa porta, estate axexando. Pero ti pódelo dominar".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 4:7
33 Iomraidhean Croise  

El respondeulle: —"Tamén che concederei este favor de non destruír a vila da que falas.


A muller díxolle:"Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos. Devecerás polo teu home, e el dominarate".


Araunah dáballe ó rei iso todo, agoirándolle: "Que o Señor, o teu Deus, che sexa propicio".


Ocozías foi con Ioram, fillo de Acab, loitar contra Hazael, rei de Aram, en Ramot de Galaad. Daquela os arameos feriron a Ioram.


se arredas o mal das túas palmas e non cobizas na túa tenda a ruindade,


poderás erguer a fronte sen chata, afincarte no chan sen ter medo.


tal como era nos meus días mozos, cando Deus viña facer xuntanza á miña tenda.


Collede logo sete vacas e sete carneiros e ide onda o meu servo Xob, para que os ofreza por vós en holocausto; e que o meu servo Xob pregue por vós, para que eu vos sexa propicio e non faga convosco un escarmento, porque non falastes de min o que era debido coma fixo o meu servo Xob.


Inicuo é favorecer o culpable, e prexudicar o inocente co veredicto.


Sacrificios de impíos son de aborrecer, e aínda máis cando os fan de mala lei.


Vai e proclama a berros este oráculo cara ó norte: Volve, apóstata Israel —é o Señor quen fala—, e non deixarei caer o meu enfado sobre vós; ollade que eu son compasivo —é o Señor quen fala— e non me quero enfadar contra a vosa rebeldía.


Por que me traedes entón o incenso desde Sabá, e a cana recendente desde terras remotas? Os vosos holocaustos non son do meu agrado, nin os vosos sacrificios me contentan.


Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade, e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza, que non se obstina para sempre na ira, senón que lle ten amor á misericordia?


Quen hai de entre vós que queira pechara as dúas portas para non prenderdes en van o lume no meu altar? Non teño ningunha compracencia en vós —fala o Señor dos Exércitos—; non me sinto a gusto coa ofrenda que provén das vosas mans.


Si, vós dicides: "Ollade, que traballo!" e desprezades a comida —fala o Señor dos Exércitos—, pero traedes do que collestes. Si, o animal coxo e enfermo, ese é o que traedes de ofrenda. Podo eu recibila con gusto das vosas mans? fala o Señor.


e entón ofrecedes un animal cego para sacrificar: non está isto mal? Ofrecedes animal coxo e animal enfermo: non está nada mal? Preséntallo ó teu gobernador. Sentirase agasallado da túa parte ou mostrarache o seu favor? —fala o Señor dos Exércitos—.


Mais se non obrades así, pecaredes contra o Señor, e sabede que o voso pecado caerá sobre vós.


senón que acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.


Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.


Quen nisto serve a Cristo é agradable a Deus e considerado polos homes.


para ser eu ministro de Cristo Xesús en favor dos xentís, exercendo de sacerdote en servizo do Evanxeo de Deus, a fin de que a ofrenda dos xentís sexa agradable, xa que a santificou o Espírito Santo.


Que non domine o pecado o voso corpo mortal, para obedecerdes as súas cobizas.


Ben sabedes que se vos ofrecedes a alguén coma escravos para o obedecer, sodes escravos dese a quen obedecedes: se ó pecado, para acabar na morte; se á obediencia, para acadar a xustificación.


para loanza da súa gloriosa benquerenza, coa que nos agraciou no Fillo amado,


Se unha viúva ten fillos ou netos, que aprendan estes primeiro a respectar a propia familia e a corresponderlles ós seus pais, porque isto é o que lle agrada a Deus.


Movido pola fe, Abel ofreceu a Deus un sacrificio mellor có de Caín, e por mor dela deuse fe da súa rectitude; foi Deus quen deu fe dela por mor dos seus dons; e por mor da fe, aínda que xa morto, aínda segue falando.


despois a cobiza concibe e pare o pecado; e o pecado, en consumándose, xera morte.


sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construción do templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan