Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 4:4 - Biblia SEPT

4 O Señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 4:4
22 Iomraidhean Croise  

Cando se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abram viu pasar entre os membros dos animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume.


O tempo pasaba e Caín presentáballe ó Señor ofrendas dos froitos da terra. Tamén Abel sacrificaba as primicias dos seus rabaños e ofrecía as partes mellores.


Logo invocaredes vós ó voso deus, e eu invocarei o nome do Señor. O Deus que responda, facendo que o lume se prenda, será o Deus verdadeiro". O pobo respondeu á unha voz: —"Iso está ben".


Nisto caeu un lume do Señor, que consumiu o sacrificio, a leña, as pedras e o po, e secou mesmo a auga da gabia.


edificou alí un altar a Iavé e ofreceulle holocaustos e sacrificios de comuñón. Invocou a Iavé, e o Señor respondeulle co lume que do ceo descendeu sobre o altar do holocausto.


Cando Salomón terminou a súa oración, baixou lume do ceo, que devorou o holocausto e os sacrificios.


que do santuario che mande socorro, que te sosteña desde Sión.


consagrarás ó Señor todos os primoxénitos. As primeiras crías dos teus gandos, se son machos, perténcenlle ó Señor.


Honra ó Señor cos teus bens, coa primicia de todo canto gañes;


Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:


Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.


Moisés alporizouse moito, e díxolle ó Señor: —"Non te volvas para a súa oblación! Nin un asno só lles quitei nin maltratei a ningún deles".


E ó mesmo tempo saíu un lume da parte do Señor e devorou os douscentos cincuenta homes que ofrecían o incenso.


O mellor do aceite novo e o mellor do viño e do trigo, as primicias que se ofrecen ó Señor, douchas a ti.


Pero non rescatarar o primeiro froito dunha vaca, o primeiro nacido dunha ovella ou o primeiro nacido dunha cabra: son cousa sagrada. O seu sangue derramaralo sobre o altar, e farás arder a súa graxa en ofrenda de aroma agradable ó Señor.


Movido pola fe, Abel ofreceu a Deus un sacrificio mellor có de Caín, e por mor dela deuse fe da súa rectitude; foi Deus quen deu fe dela por mor dos seus dons; e por mor da fe, aínda que xa morto, aínda segue falando.


Conforme á Lei case todo se purifica con sangue e sen verter sangue non hai perdón.


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


Entón, o anxo de Iavé alongou o bico do bastón que tiña na súa man e tocou a carne e os bolos; e da pedra xurdiu lume que consumiu a carne e mais os bolos; e o anxo de Iavé desapareceu da súa vista.


Samuel dixo entón: —"Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan? Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan