Logo seguiu pola montaña, ó oriente de Betel, e plantou a súa tenda entre Betel ó poñente e Ai ó nacente. Alí construíu un altar ó Señor e invocouno polo nome.
Logo invocaredes vós ó voso deus, e eu invocarei o nome do Señor. O Deus que responda, facendo que o lume se prenda, será o Deus verdadeiro". O pobo respondeu á unha voz: —"Iso está ben".
Escoitade isto, casa de Xacob, os que se chaman co nome de Israel e saíron do sangue de Xudá, os que fan o xuramento polo nome de Iavé e nomean o Deus de Israel, sen verdade e sen xustiza.
Fomos desde hai tempo xente na que ti non mandaches, (e) sobre os que non se invocou o teu nome. Ai, se rachares o ceo (e) baixases! Coa túa presenza rebulirían os montes,
e, cando o atopou, levouno para Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron "cristiáns".
á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso,