21 Seu irmán chamábase Iubal, pai dos que tocan a cítola e a frauta.
Por que fuxiches ás agachadas, finxindo, sen dicíresmo? Despediríate con festa e con cantos, con pandeiros e cítaras.
Adah pariu a Iabal, pai dos que habitan en tendas e teñen gandos.
Silah, pola súa parte, pariu a Túbal-Caín, inventor das ferramentas de bronce e de ferro. Tiña unha irmá que respondía por Naamah.
entoan ó ritmo do pandeiro e da cítola, fólganse ó son da frauta,
loádeo con pandeiro e con danza, loádeo con trompas e frauta,
A lira e a arpa, o pandeiro e mais a gaita, acompañan o viño das súas bebedeiras, pero nas obras do Señor non se fixan, non ollan para o que fan as mans do Señor.
Cantarexan ó son da arpa e, coma novos David, inventan instrumentos.