Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 4:2 - Biblia SEPT

2 Logo deulle un irmán a Caín, parindo a Abel. Abel era pastor e Caín labrador.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 4:2
19 Iomraidhean Croise  

E botou ó home do xardín de Edén, para que cultivase a terra da que fora tirado.


Israel díxolle a Xosé: —"Teus irmáns estarán co gando en Xequem. Ven, que te vou mandar onda eles". Xosé respondeulle: —"Aquí me tes".


O home achegouse a Eva, súa muller, e esta quedou embarazada. Deu a luz a Caín, e exclamou: —"Pola graza do Señor adquirín un home".


O tempo pasaba e Caín presentáballe ó Señor ofrendas dos froitos da terra. Tamén Abel sacrificaba as primicias dos seus rabaños e ofrecía as partes mellores.


O faraón preguntoulles: —"Cál é a vosa ocupación?" Respondéronlle eles: —"Os teus servos son pastores de rabaños, o mesmo ca nosos pais".


Noé fíxose labrador e plantou unha viña.


Os fillos son a herdanza do Señor; o froito do ventre, o seu xornal.


Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.


mais foi Iavé quen me colleu de trala grea e foi Iavé quen me dixo: vai profetizar ó meu pobo Israel.


de xeito que a esta xeración se lle han pedir contas do sangue dos profetas vertido desde a Creación do mundo:


desde o sangue de Abel ata o sangue de Zacarías, que morreu entre o Altar e o Santuario. Si, seguro que se lle han pedir contas a esta xeración.


Vós sodes de voso pai o Satán, e queredes realizar os desexos de voso pai. Este foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade. Se fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira.


Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus.


Non coma Caín, que, vindo da caste do demo, degolou a seu irmán. E por que o degolou? Porque os seus feitos eran do demo, mentres que os do seu irmán eran xustos.


Quen odia a seu irmán é un asasino e xa sabedes que ningún asasino leva en si a vida eterna.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan