Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 4:16 - Biblia SEPT

16 Caín saíu da presenza do Señor e estableceuse en Nod, ó oriente de Edén.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 4:16
19 Iomraidhean Croise  

Oíron ó Señor Deus camiñar polo xardín ó aire do día, e acocháronse os dous entre as árbores.


Agora bótasme desta terra, e quedarei fóra da túa vista. Errante e fuxitivo polo mundo, matarame o primeiro que me atope".


Caín achegouse á súa muller e esta quedou embarazada e deu a luz a Henoc. Caín construíu unha cidade e púxolle o nome de seu fillo.


Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.


O que lle aconteceu a Xerusalén e a Xudá, foi polo noxo do Señor, que acabou por botalos da súa presenza. Sedecías revirouse contra o rei de Babilonia.


Díxolle Iavé a Satán: —"Ben: fai o que queiras coas súas cousas; soamente non poñas a man nel". Entón saíu Satán de diante de Iavé.


Foise o Satán da presenza de Iavé, e feriu a Xob cunha mala praga desde a planta do pé ata a coroa da cabeza.


Non correrán para el fontes de aceite, nin ríos de mel e manteiga.


Castígaos ti, Señor, que fracase o seu proxecto. Abáteos polos seus moitos crimes, pois son rebeldes contra ti.


Érguese Deus e dispérsanse os seus inimigos, foxen da súa presenza os adversarios.


O pobo enteiro percibía os tronos, os lóstregos, o soar da trompeta e o fumegar do monte. A vista diso tremía e mantíñase lonxe.


velaquí que vos hei levantar en peso e arrebolar lonxe da miña presenza a vós e esta cidade que vos dei a vós e a vosos pais,


Tal provocación da ira do Señor houbo en Xerusalén e Xudá, que El os botou de diante da súa presenza. Sedecías rebelouse contra o rei de Babilonia.


Pero Xonás ergueuse para fuxir a Tárxix lonxe da presenza do Señor. Baixou a Iafa, onde atopou un barco que marchaba para Tárxix. Pagou o billete do barco e colleuno para marchar nel a Tárxix, lonxe da presenza do Señor.


Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio estou eu.


Entón empezaredes a dicir: "Se nós comemos e bebemos contigo e ti ensinaches polas nosas rúas!".


Ela estaba no mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a recoñeceu.


Todo foi feito por ela, e sen ela non se fixo nada do que foi feito.


Eles mesmos contan cal foi a acollida que nos destes e como vos convertestes dos ídolos para servir o Deus vivo e verdadeiro,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan