Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 4:14 - Biblia SEPT

14 Agora bótasme desta terra, e quedarei fóra da túa vista. Errante e fuxitivo polo mundo, matarame o primeiro que me atope".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 4:14
27 Iomraidhean Croise  

E despois de botalo do xardín, puxo no oriente querubíns con espadas flamexantes, para cortarlle o paso cara á árbore da vida.


Caín díxolle ó Señor: —"O castigo é grande de máis para o poder aturar.


Agora érguese toda a familia en contra da túa serva e dinme: entréganos o fratricida para matalo, para vingar a morte do irmán. Acabaremos tamén co herdeiro. Dese xeito apagarán a brasa que me queda, e ó meu home non lle deixarán nin nome nin resto sobre a terra".


Que seus fillos vaian errantes e pedindo, e que os boten das súas ruínas.


Que ninguén teña dó del, ninguén se apiade dos seus orfos.


Respóndeme axiña, Señor, que me falta o alento. Non me escondas a túa cara, non me asemelle ós que baixan á cova.


Pola súa malicia o malo é refugado, mais ten confianza o xusto cando morre.


O perverso foxe sen que ninguén o persiga, o xusto vai seguro coma un león.


e olla para a terra: todo, angustia e escuridade, negrura, opresión, e profunda escuridade espallada por todo.


Tal provocación da ira do Señor houbo en Xerusalén e Xudá, que El os botou de diante da súa presenza. Sedecías rebelouse contra o rei de Babilonia.


Por isto volveranse coma néboa de mañanciña, e coma orballo que pasa á madrugada, coma a muíña que voa da eira, coma fume que escapa polo ventanuxo.


Porei o meu rostro contra vós e caeredes diante dos vosos inimigos; dominaranvos os que vos odian e fuxiredes sen que ninguén vos persiga.


Os que sobrevivan de vós, fareinos tan medrosos no país dos seus inimigos onde moraren, que fuxirán co ruído dunha folla, correndo coma quen escapa da espada, e caerán sen que ninguén vaia tras eles.


O vingador do sangue matará por si mesmo ó homicida; cando o encontre, matarao.


ou se por inimizade o fere coa súa man e morre, o agresor morrerá sen remedio; é un homicida. O vingador do sangue matará ó homicida cando o encontre.


e o vingador do sangue o atopa fóra do límite da súa cidade de asilo, onde estaba refuxiado, e o mata, non será reo de sangue,


E diralles logo ós da súa esquerda: "Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos.


Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna".


O Señor esparexeravos por entre todos os pobos, desde unha punta da terra á outra punta, e ti daraslles culto alí a deuses alleos, que nin coñecías ti nin os teus pais: madeira e pedra!


Entre eses pobos non terás descanso, nin a planta do teu pé terá un lugar de acougo, senón que o Señor che dará alá un corazón asustado, ollos apagados e respiración ansiosa:


O castigo deles vai ser a perdición eterna, lonxe da presenza do Señor e do esplendor da súa gloria,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan