Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 39:9 - Biblia SEPT

9 Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 39:9
34 Iomraidhean Croise  

As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.


Pero Deus aparecéuselle de noite nun soño a Abimélec e ameazouno: —"Vas morrer por causa da muller que tomaches, pois ten home".


Deus díxolle en soños: —"Sei que o fixeches con recta intención. Por iso eu gardeite de que pecases, non deixei que a tocases.


Despois Abimélec chamou a Abraham para dicirlle: —"Que fixeches connosco? En que che faltei eu, para botares enriba de min e do meu reino este pecado tan grande? Fixéchesme o que non se fai.


Díxolle ó criado maior, o que administraba os bens da casa: —"Pon a man baixo a miña coxa


Ela teimaba un día tras outro, mais el non lle facía caso e non se deitou con ela.


Estarás á fronte da miña casa. O pobo todo obedecerá as túas ordes; soamente polo trono estarei por riba de ti."


O terceiro día díxolles: —"Eu son un home que cre en Deus. Facede como vos digo, e salvaredes a vida.


Pasado o tempo do loito, David mandou que viñese á súa casa e tomouna por muller. Ela deulle un fillo. Pero a acción de David non compraceu ó Señor.


David díxolle a Natán: —"Pequei contra o Señor!" E Natán díxolle: —"O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás.


Antes de min, os primeiros gobernadores esmagaban o pobo, esixíndolle pan e viño, e corenta siclos de prata. Tamén os seus servidores impoñían o seu dominio sobre o pobo, cousa que eu xamais non quixen facer polo temor de Deus.


Eu respondín: —"Un home coma min emprenderá a fuga? E que home hai que poida entrar no templo e vivir? Non entrarei, non".


Pois había vir o terror de Deus sobre min, e non resistiría a súa maxestade.


lávame ben da miña iniquidade, límpame da miña culpa.


Non cometerás adulterio.


Pois tal acontece co que se achega á muller do veciño; quen a toque non quedará indemne.


Quen comete adulterio cunha muller non ten siso; o que a viola, destrúese a si mesmo;


E isto atopei: que máis amarga cá morte é a muller, que é unha rede de cazar; as súas teimas son lazos, e os seus brazos, cadeas; quen é agradable a Deus, líbrase dela e quen é pecador, é cazado por ela.


Por iso, así fala o Señor: "Voute expulsar de sobre a superficie da terra: este mesmo ano morrerás, xa que predicaches a oposición ó Señor".


Todos os que as atopan, devóranas, e os seus opresores din: "Nós non temos culpa, xa que eles pecaron contra o Señor; o seu lugar lexítimo e a esperanza dos seus pais é o Señor".


O home que cometa adulterio coa muller doutro, morrerá sen remedio, tanto el coma ela.


—"Manda a Aharón e a seus fillos: Este é o regulamento do holocausto: a vítima arderá no lume do altar toda a noite, ata a mañá, mentres o lume do altar se mantén aceso.


Mais se non obrades así, pecaredes contra o Señor, e sabede que o voso pecado caerá sobre vós.


pero o que non os coñece, aínda que faga algo que mereza castigo, levará poucos. A quen moito se lle dá, moito se lle esixirá; e a quen moito se lle confía, moito se lle pedirá.


Ora, o que se lles pide ós administradores é que sexan de fiar.


nin rapineiros; ó contrario, que sexan plenamente fieis e honrados, para faceren honor á doutrina de Deus, o noso Salvador.


O matrimonio é merecente de todos os respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado, xa que Deus ha condenar os desvergonzados e adúlteros.


Quen naceu de Deus, xa non comete pecado, porque a semente de Deus queda nel: xa non pode pecar, porque naceu de Deus.


Os covardes na loita, os que negan a fidelidade que prometeron, os corrompidos con abominacións, os asasinos, os luxuriosos, os bruxos, os idólatras e os que fían en mentiras, terán por lote a lagoa de xofre ardendo: que é a morte segunda".


Fóra quedarán os cans, os bruxos, os luxuriosos, os asasinos, os idólatras, e todo o que é amigo das mentiras e fai trampas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan