Xúrame, pois, por Deus aquí mesmo que non nos enganarás, nin a min, nin ós meus fillos, nin ós meus descendentes, senón que coa consideración con que eu te tratei a ti, hasme tratar ti a min e a esta terra á que viñeches".
Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".
O pouco que tiñas primeiro de vir eu, converteuse en abundancia. O Señor bendiciute ó meu paso. Agora terei que facer algo pola miña familia". Preguntoulle Labán:
Se coidas de poñeres por obra os mandamentos e preceptos que o Señor lle mandou a Moisés para Israel, prosperarás. Esfórzate, logo, ten ánimos e non temas nin desmaies.
Eu respondinlles, dicindo: —"É o Deus dos ceos, El mesmo, o que nos dará o éxito. Nós, os seus servos, levantarémonos e construiremos. Para vosoutros non haberá parte ningunha, nin dereito nin recordo en Xerusalén".
Así fala o Señor dos Exércitos: "Nos días aqueles collerán dez homes de todas as linguas das nacións, si, collerán a un xudeu pola beira do manto dicíndolle: Queremos ir canda vós, porque oímos que Deus está convosco".
pois velaí que o Señor, o teu Deus, te bendiciu en todas as túas empresas, tivo coidado de ti ao camiñares por este enorme deserto. Durante estes corenta anos, estivo contigo o Señor, o teu Deus, e nada che faltou.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.