Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".
Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".
Cando pases a través das augas, eu estarei contigo; cando pases a través dos ríos, non te engulirán. Cando pases a través do lume, non te queimarás; cando pases por entre as chamas, non prenderán en ti.
Eu constitúote a ti en muralla de bronce indestrutible para este pobo: loitarán contra ti pero non te poderán. Eu estou contigo para salvarte e librarte —é o Señor quen fala—.
Todos os que están baixo o xugo da escravitude teñan ós seus propios amos por dignos da maior estima, para que non se maldiga o nome de Deus nin se desprece a doutrina.
Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.
Niso repuxo un dos criados: —"Eu coñezo un fillo de Ixaí, o de Belén, que sabe tocar. É un rapaz valente e bo guerreiro, que fala ben e que é de bo parecer; e o Señor está con el".