12 Agarrouse ela ó seu manto, esixíndolle: —"Déitate comigo". El deixou o manto nas mans dela e fuxiu para fóra.
Ela teimaba un día tras outro, mais el non lle facía caso e non se deitou con ela.
Un día que entraba el na casa para facer o seu traballo, cando non había alí ningún da casa,
O verse ela co manto nas súas mans e que el se botara fóra,
El refugou a proposta, dicindo: —"Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten.
O acercarllas para que comera, Amnón agarrouna dicindo: —"Ven, irmá; déitate comigo".
Meu fillo, non os acompañes nesa viaxe! Afasta as túas pegadas dos seus vieiros!
Arreda dela o teu camiño, non te achegues á porta da súa casa;
céibate, coma gacela, do cazador, coma o paxaro da man do trampuzas.
E isto atopei: que máis amarga cá morte é a muller, que é unha rede de cazar; as súas teimas son lazos, e os seus brazos, cadeas; quen é agradable a Deus, líbrase dela e quen é pecador, é cazado por ela.
Non vos deixedes enganar, "malas compañías estragan bos costumes".
Fuxe das paixóns da mocidade e procura a xustiza, a fe, o amor e a paz con tódolos que invocan o Señor cun corazón limpo.
Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós.
Samuel deu a volta para marchar e Xaúl apreixoulle a punta do manto e esgazoullo.