10 Ela teimaba un día tras outro, mais el non lle facía caso e non se deitou con ela.
Un día que entraba el na casa para facer o seu traballo, cando non había alí ningún da casa,
El refugou a proposta, dicindo: —"Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten.
Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"
Meu fillo, non os acompañes nesa viaxe! Afasta as túas pegadas dos seus vieiros!
Preservarate da muller allea, da descoñecida que fala con agarimo
As verbas das estranxeiras son cova profunda, o que o Señor refuga vai caer nela.
pois cova profunda é a prostituta, pozo estreito a estranxeira,
tamén axexa ela coma o atracador e multiplica os traidores entre os homes.
Os labios de muller allea pingan mel e o seu padal esvara máis có aceite;
Arreda dela o teu camiño, non te achegues á porta da súa casa;
Entón aferra nel e bícao e con descaro dille:
de xeito que te garde da muller allea e das verbas suaves da estranxeira.
Séntase á porta da casa nunha cadeira no alto da vila,
—"Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí". E ó que carece de siso, dille:
Non vos deixedes enganar, "malas compañías estragan bos costumes".
Fuxide da fornicación. Calquera pecado que o home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen fornica peca contra o seu propio corpo.
Arredade de toda especie de mal.
Quero, logo, que as máis mozas casen, críen fillos, gobernen a casa e non dean motivo ningún de discusión ó inimigo;
Fuxe das paixóns da mocidade e procura a xustiza, a fe, o amor e a paz con tódolos que invocan o Señor cun corazón limpo.
Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós.