Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 38:9 - Biblia SEPT

9 Pero Onán, sabendo que non sería súa a descendencia, vertía o seme polo chan cando se achegaba á muller de seu irmán, para non lle dar descendencia.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 38:9
11 Iomraidhean Croise  

Pareceulle mal ó Señor o que Onán facía e fíxoo morrer a el tamén.


Pois é a carraxe a que mata ó tolo e a envexa a que dá morte ó parvo.


Cruel é a ira; e unha enxurrada, o noxo, pero contra os celos quen se pode manter?


Se dous irmáns viven xuntos, e morre un deles sen fillos, a muller do defunto non será para un home alleo, non sairá para fóra da familia; o seu cuñado irá xunto dela e colleraa coma muller súa, e cumprirá con ela o seu deber de cuñado.


O primoxénito que ela dea a luz, constituirao el á fronte da familia de seu irmán defunto; deste xeito a familia deste non desaparecerá de Israel.


Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.


Pero, se tedes o corazón cheo de celos acedos e de liortas, deixádevos de fachendas e non andedes mentindo contra a verdade;


Pois onde hai receos e liortas, dáse tamén alí o descontento e toda caste de ruindades.


Ou é que coidades que a Escritura di sen razón aquilo de que "o Espírito que puxo en nós ten arelas fortes"?


Respondeulles Noemí: —"Volvede, miñas fillas: por que teimades ir comigo? E logo hei de ter eu máis fillos nas miñas entrañas, que volos poida dar como maridos?


E tamén adquiro para min como muller a Rut a moabita, a muller de Mahlón, para facer rexurdir o nome do finado na súa herdanza, e que así non desapareza de entre os seus irmáns nin das portas do seu lugar. Vós quedades hoxe de testemuñas".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan