6 Xudá tomou, co tempo, unha muller para Er, seu primoxénito; chamábase Tamar.
Vivía no deserto de Parán, e súa nai buscou unha muller exipcia para el.
e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,
Volveu aínda ter un fillo e chamoulle Xelah. A nai atopábase en Quezib cando deu a luz.
Er, o primoxénito de Xudá, era un mal home á vista do Señor, e o Señor fíxoo morrer.
Xudá, de Tamar, xerou a Peres e mais a Zarán. Peres xerou a Esrón. Esrón xerou a Arán.