8 Dixéronlle os irmáns: —"Seica queres ser o noso rei e fas conta de dominarnos?" E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación.
Esaú quedou aborrecendo a Xacob por causa da bendición que lle dera seu pai. E pensaba: —"O tempo do loito por meu pai xa se aveciña. Entón matarei a meu irmán".
Dirixíndose a Xosé, dixo Xudá: —"Rógoche, meu señor, que lle consintas ó teu servo dicir unha palabra, sen que o meu señor se anoxe. Ti es coma o faraón.
As bendicións de teu pai son máis abondosas cás das montañas antigas e cás delicias dos outeiros eternos. Veñan sobre a cabeza de Xosé, sobre a testa do elixido dos irmáns.
Respondeulle el: —"Quen te puxo de xefe ou de xuíz entre nós? Ou pensas matarme, como mataches o exipcio?" Moisés colleu medo, pensando: —"A cousa xa se soubo".
A este Moisés, de quen renegaran dicindo: "quen te constituíu xefe e xuíz?", foi a quen Deus mandou coma xefe e liberador pola man do anxo, que se lle aparecera na silveira.
Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza?
Cando Eliab, o irmán máis vello, oíu a David falando cos soldados, enfadouse con el e díxolle: —"A que viñeches ti aquí? A quen encargaches as túas catro ovellas no deserto? Eu coñezo ben o teu atrevemento e a túa malicia. Viñeches ver o combate".