Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 37:4 - Biblia SEPT

4 Seus irmáns, ó dárense conta de que seu pai o prefería, colléronlle xenreira e non podían falar de boas con el.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 37:4
19 Iomraidhean Croise  

Esaú quedou aborrecendo a Xacob por causa da bendición que lle dera seu pai. E pensaba: —"O tempo do loito por meu pai xa se aveciña. Entón matarei a meu irmán".


Os irmáns tíñanlle envexa, pero seu pai gardaba a cousa nos adentros.


Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis.


pero non para Caín e para a súa. Caín anoxouse moito, e andaba coa cara carraxenta.


Os arqueiros provócano, combáteno e téntano.


Eu confeso a miña culpa, inquiétame o meu pecado.


Estou esgotado de berrar, a miña gorxa está rouca; os meus ollos anúbranse agardando ó meu Deus.


Pois velaquí a razón: o teu irmán e mais a familia do teu pai traizóante abertamente, a gritos chaman tras ti, si, a gritos. Non te fíes deles, aínda que che dean boas palabras.


Se unha casa está dividida en contra de si mesma, non pode subsistir.


Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.


En troques, quen odia a seu irmán, está na escuridade e camiña na escuridade e, por isto, non sabe a onde vai, porque a escuridade lle cegou os ollos.


Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus.


Non coma Caín, que, vindo da caste do demo, degolou a seu irmán. E por que o degolou? Porque os seus feitos eran do demo, mentres que os do seu irmán eran xustos.


Se un di: "Eu amo a Deus", pero odia a seu irmán, é un mentireiro. Porque quen non ama a seu irmán a quen está vendo, non pode amar a Deus, a quen nunca viu:


Cando Eliab, o irmán máis vello, oíu a David falando cos soldados, enfadouse con el e díxolle: —"A que viñeches ti aquí? A quen encargaches as túas catro ovellas no deserto? Eu coñezo ben o teu atrevemento e a túa malicia. Viñeches ver o combate".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan