Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 37:2 - Biblia SEPT

2 E esta é agora a historia da familia de Xacob. Cando Xosé era un rapaz de dezasete anos e gardaba o gando cos irmáns, fillos de Bilhah e de Zilpah, mulleres de seu pai, chegou un día e acusounos diante deste dun mal feito.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 37:2
17 Iomraidhean Croise  

Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio.


Esta é a historia da creación do ceo e da terra. Cando o Señor Deus fixo a terra e o ceo,


E deulle a súa serva Bilhah por muller, e el achegouse a ela.


Vendo Lea que deixara de ter fillos, colleu e deulle á Xacob a súa serva Zilpah por muller.


Estando Israel naquela terra, achegouse Rubén a Bilhah, concubina de seu pai. A cousa chegou a oídos de Israel. Os fillos de Xacob foron doce.


Tiña Xosé trinta anos cando se presentou ó faraón, e saíu da súa presenza para percorrer as terras todas de Exipto.


Xosé recoñecía a seus irmáns, pero eles non recoñecían a Xosé.


Van dous anos de fame na terra; pero quedan aínda cinco sen sementeira nin colleita.


dirédeslle: Os teus servos son criadores de gando, desde rapaces ata agora; e, coma nós, fórono xa os nosos pais. Dese xeito poderedes asentar na terra de Goxén, pois os exipcios aborrecen os pastores de rabaños".


Xenealoxía da humanidade. Cando Deus creou o home, fíxoo á súa imaxe.


Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.


Non pode o mundo aborrecervos a vós; pero a min aborréceme, porque eu testemuño contra el que as súas obras son ruíns.


Pois, irmáns, polos de Cloe cheguei a saber que hai discordias entre vós.


O primeiro que oio é que cando vos xuntades en asemblea hai divisións entre vós e, en parte, créoo.


Non se oe falar doutra cousa que da indecencia que hai entre vós; e dunha indecencia tal, que nin entre os pagáns se viu cousa coma ela. Pois chega a darse o caso de que un vive coa muller de seu pai.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan