Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 34:3 - Biblia SEPT

3 Namorado da filla de Xacob, tolo de amor por ela, faloulle ó corazón.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 34:3
11 Iomraidhean Croise  

En véndoa Xequem, fillo do hivita Hamor, xefe daquel país, agarrouna, deitouse con ela e violouna.


Logo díxolle a seu pai Hamor: —"Adquíreme para muller esa rapaza".


Agora non teñades medo. Eu mantereivos a vós e a vosos fillos". Xosé consolou a seus irmáns e faloulles ó corazón.


Ti queres ós que te aborrecen e aborreces ós que te queren. Hoxe deches a entender que nada se che dá nin por xefes nin por soldados. Hoxe comprendín que, se vivise Abxalom, mesmo se estivésemos mortos todos nós, estarías ti contento.


Ezequías felicitou ós levitas polas súas boas disposicións co Señor. Pasaron os sete días de festa ofrecendo sacrificios de comuñón e confesando ó Señor, Deus de seus pais.


Faládelle ó corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada. Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.


Tamén arrasarei as súas videiras e as súas figueiras, das que ela dicía: "Elas son a miña paga, a que me deron os meus amantes": convertereinas nunha matogueira que comerán os animais salvaxes.


Por isto, velaí, eu mesmo a vou seducir: levareina ó deserto e falareille ó seu corazón,


E ergueuse seu marido e foi detrás dela para lle falar ó corazón e facela volver, levando consigo o seu criado e unha parella de asnos; entrou na casa do pai dela, viuno o pai da moza e aledouse do encontro.


Laiaron e romperon a chorar outra vez. E bicou Orpah á súa sogra, pero Rut apegouse a ela.


Acabada a conversa de David con Xaúl, Ionatán encariñouse con David. Queríalle coma a si mesmo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan