3 El pasou diante de todos, e foise prostrando por terra sete veces. Ata que chegou onda o seu irmán.
Abraham ergueu os ollos e viu tres homes de pé diante del. En véndoos, correu ó seu encontro, desde a entrada da tenda, e prostrouse,
Puxo diante as dúas servas cos seus fillos, logo a Lea cos seus e detrás de todos a Raquel con Xosé.
Xosé era quen mandaba en Exipto e quen vendía o trigo a todo o mundo. Chegados onda el, os irmáns prostráronse por terra.
Cando Xosé entrou na casa, presentáronlle os regalos que trouxeran, e prostráronse no chan.
Xosé retirou os nenos de entre os xeonllos de seu pai e prostrouse por terra.
obra deste xeito, meu fillo, e ponte a salvo xa que caíches na man do teu veciño: vai, humíllate e importúnao,
Se a xenreira do que manda se dirixe contra ti, non deixes o teu posto, xa que: "A mansedume sanda grandes erros".
Porque a quen se ten por moito, hano rebaixar e a quen se rebaixe hano enaltecer.
Igual que o Pai me coñece a min e eu coñezo o Pai, e dou a miña vida polas ovellas.
Cando as dá sacado todas, vai diante delas e as ovellas ségueno, pois recoñecen a súa voz.
os fartos contrátanse polo pan, mentres que os famentos descansan; a que antes era estéril, dá á luz sete veces; a que antes se enchía de fillos, agora vese baldeira.